martes, 19 de septiembre de 2017

Xeada

                                                     Foto: Fernando Barbeyto


- Que quedará de nós cando o sol erga a saba da xeada?
- Porque preguntas si sabes que debaixo da negación non hai nada?
-Nin o soño?
-Nada, non te enganes coa esperanza.
- Entón, que foi daquel tempo de herba verde e frores brancas?
- Só habitou no teu corazón.
- E onde está o meu corazón?
- Pactou co silencio beber a neve da noite e agora xace no fondo do mar.

Un vello xemido vai pechando os postigos da mañá.




   Ana López






O MUNDO NECESITA UN ABRAZO!

lunes, 18 de septiembre de 2017

Fugaz

                                                             Foto: Fernando Barbeyto



Nada é permanente:
Nin o punto de partida nin o lugar de destino.
Todo é un instante fuxidío.



    Ana López





O MUNDO NECESITA UN ABRAZO!

domingo, 17 de septiembre de 2017

Resurrección

                                                      Foto: Fernando Barbeyto



Abrín amplos corredores no corazón para que cabalgue a besta oprimida da derrota, e erguín luminosas arcadas ó redor para que poidan entrar os extenuados loitadores da paixón a resucitar a inocencia.




  Ana López






O MUNDO NECESITA UN ABRAZO!

sábado, 16 de septiembre de 2017

Novenario do tempo

                                                          Foto: Fernando Barbeyto


Semella ser a espera o único camiño;
percorrer entre sombras cuartos escuros
tras unha liña de luz.

Está todo tan lonxe
é tan estreito o corredor!

Nada é o que era.
Todo está emponzoñado.
Retórcese na mesa o verme da pobreza.
As campás dun vello reloxo soan a deshora.

Asistimos amodazados ao novenario do tempo.
Non é posible rezar.






  Ana  López






O MUNDO NECESITA UN ABRAZO!

viernes, 15 de septiembre de 2017

Só a chuvia remoe o silencio do amencer nun van intento de quitarlle as horas ao sol.

                                                           Foto: Fernando Barbeyto







O MUNDO NECESITA UN ABRAZO!











jueves, 14 de septiembre de 2017

Mirando ao mar

                                                   Foto: Fernando Barbeyto



Á procura de entender este mundo sin sentido
afondo nas preguntas deste vento de cobre.
Sorbo o amargo zume das feridas do tempo.
Desgarro con voracidade a carne dos días vividos
segregando os ósos da soedade
atoados nas carroídas horas deste outono
vello e decrépito que mira ao mar.


  Ana López






O MUNDO NECESITA UN ABRAZO!


miércoles, 13 de septiembre de 2017